This is a cached version of https://gl.wikipedia.org/wiki/Portada from 2/28/2026, 3:25:31 PM.
Wikipedia, a enciclopedia libre
Benvida COMOs Preguntas frecuentes Comunidade Políticas Artigos de calidade Axuda
Saltar ao contido Na Galipedia, a Wikipedia en galego. Dámosche a benvida á Galipedia A enciclopedia libre que calquera pode editar xoves, 26 de febreiro de 2026 Versión para móbiles Nesta versión en galego, que comezou o 8 de marzo de 2003, xa temos 229 934 artigos. Benvida COMOs Preguntas frecuentes Comunidade Políticas Artigos de calidade Axuda Artigo destacado A cúpula de Santa María do Fiore ou cúpula de Santa María da Flor, tamén coñecida como cúpula de Brunelleschi ou cúpula do Duomo de Florencia, constitúe a cuberta do cruceiro da catedral de Santa María del Fiore de Florencia. Foi a cúpula máis grande do mundo trala caída do Imperio romano e considérase aínda a maior xamais realizada en albanelaría. Foi ideada, proxectada e construída por Filippo Brunelleschi, quen iniciou con esta obra o Renacemento italiano e florentino en arquitectura. Está considerada como a construción máis importante edificada en Europa desde a época romana, debido á relevancia fundamental que desempeñou para o desenvolvemento posterior da arquitectura e da concepción moderna da construción. Outros artigos destacados • Artigos de calidade Sobre Galicia O demo na cultura popular galega: En Galicia, o demo recibe numerosas denominacións populares: abelurio, cachán, cachano, cachizo, demachiño (máis propiamente, aplícase a demos pequenos como o diaño burleiro), démaro, demiño, demócharo, democho, demóncaro, demonche, demoncre, demontre, demóñaro, demoño, demoro, déncaro, dencho, déngaro, denllo, dentre, deño, diabo, diabro, diantre, diaño, mafarrico, rabeno, rabudo, resalgario, sucio (e zucio), tardo, trasgo e trasno. Tamén se lle denomina mediante nomes propios, como Donai (que pode proceder de Adonai, un dos nomes que recibe Deus na Biblia, Leonardo, Pedro, Perecho, Perello, Perete, Xan ou Xan Moxico, ou Xuncras (posible contaminación con Xudas). Tamén existen denominacións eufemísticas coas que se pretende evitar pronunciar o seu nome, por se o demo o puidese interpretar como que se lle invoca: o Cornudo, o Escuro, o das botas, o das zapatillas, o dos dentes longos, o Nemigo, o Pecado, o Rabudo, Papá Xarriña. Resulta común referirse a el como Arrenegado sexa! E, finalmente, tamén se utilizan as denominacións literarias máis clásicas, como Belcebú, Luzbel e Lucifer (que resplandece), Satán ou Satanás. O demo pretende levar ós homes ó pecado e, como consecuencia, ó inferno, e para iso recorre a calquera tentación que poida serlle útil e en calquera momento, porque, lémbrese, "O demo nunca ten sono". Por isto tamén se di que está detrás de calquera desgraza que aconteza á xente, ó gando ou ás leiras (enfermidades, incendios, andazos no gando, treboadas etc.) e incluso detrás de pequenos contratempos como perder algunha cousa ou que se rompa unha peza da vaixela. Nestes casos, pode suceder que quen os sufra perda a paciencia e renegue ou maldiza, pecando. Finalmente, outro momento no que xente maior adoita amentalo pode ser ó observar novas tecnoloxías ("Sonche cousas do demo"). Outros artigos destacados sobre Galicia • O mes de febreiro na cultura popular galega Tal día coma hoxe no ano... 1848, proclamación da Segunda República Francesa. 1908, nace Tex Avery, realizador de películas de animación que revolucionou o xénero dos debuxos animados (m. 1980). 1976, España abandona a súa colonia no Sáhara. 1990, Violeta Chamorro é elixida presidenta de Nicaragua. 1991, Tim Berners-Lee (na imaxe) presenta World Wide Web, o primeiro navegador de Internet. 2010, morre Rafaela Hervada Carnerero, avogada e directora de radio galega (n. 1917). Máis efemérides do día de hoxe • Outras Efemérides destacadas Imaxe do día Portada de El Recreo Compostelano (1842) Vexa o artigo Antolín Faraldo Outras imaxes destacadas • Imaxes destacadas en Commons Presentación A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar. O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.Benvida • Índice da Axuda Participación Podes consultar a Axuda e a Guía para obter máis información de como participar, nas que atoparás información de como comezar a colaborar, editar artigos e usar imaxes libres. En caso de dúbidas síntete libre de preguntar.COMOs • Preguntas máis frecuentes Comunidade De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 165 348 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 474 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.Portal da comunidade • Políticas e normas Meta-Wiki Meta-WikiCoordinación Wikimedia Commons CommonsMultimedia Wiktionary GalizionarioDicionario Wikibooks GalilibrosLibros Wikisource GalifontesDocumentos Wikiquote GalicitasCitas Wikispecies WikispeciesEspecies Wikinews WikinewsNovas Wikiversity WikiversityAprendizaxe Wikivoyage WikivoyageViaxes Wikidata WikidataDatos MediaWiki MediaWikiDesenvolvemento Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Portada&oldid=7053480» Categoría: ÍndiceCategoría agochada: Wikipedia:Artigos con extractos 40 linguas AragonésالعربيةAsturianuCatalàCebuanoČeštinaDanskDeutschΕλληνικάEnglishEsperantoEspañolEuskaraEstremeñuفارسیSuomiFrançaisעבריתMagyarBahasa IndonesiaItaliano日本語한국어LatinaNederlandsNorsk nynorskNorsk bokmålOccitanPolskiPortuguêsRomânăРусскийSrpskohrvatski / српскохрватскиSimple EnglishSvenskaTürkçeУкраїнськаTiếng ViệtWinaray中文 Procura Portada 40 linguas Nova sección